Acabo de ver a estarrecedora entrevista perpetrada o pasado luns por Carlos Luís Rodríguez contra Carlos Callón. Sentín vergoña; vergoña polo preguntador, claro está. O que fixo Carlos Luis Rodríguez é a negación do xornalismo, un atentado contra os principios elementais que deberan guiar unha televisión pública. Non lle nego a Carlos o seu dereito a exercer a profesión xornalística como mellor lle pete, nin lle nego o dereito (e mesmo a utilidade) de amosar contra Callón (dixen ben: "contra", non "con") un estilo duro e agresivo en lugar da xenerosa brandura que a outros lle dedica este homiño que sabe ben a quen lle reparte a pólvora e a quen as magnolias; o que me parece indignante é a súa pésima educación, o seu empeño ao longo de dez minutos de conversa por non deixar falar ao seu interlocutor, por dispararlle frases estúpidas sen outorgarlle o máis elemental dereito de réplica. Nun medio público debe haber espazo para todas as opinións que cumplan uns requisitos elementais; mais ceder espazo é moito máis que poñerlles unhas cadeiras aos convidados e darlles unha garrafiña de auga para que non pasen sede. É preciso permitir que se expresen con liberdade, que teñan un tempo razoábel para expresaren as súas ideas cunha mínima argumentación. Que haxa comunicación, en suma: que un fale e o outro escoite a súa mensaxe, e logo que discutan o que for preciso. O luns Carlos Luís Rodríguez substituiu o partido de tenis dialéctico polo tiro con arco: o único que importaba era o ruído das frechas. Gañou Carlos Callón, que exerceu con abraiante serenidade de diana. Agardo que o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia tamén se pronuncie, e con razón, sobre este tema: o honor da profesión queda máis lixado polo mal comportamento dun dos membros da tribo que polos berros dun manifestante airado.
Até aquí recollido de Vieiros.
Increible, pero certo. Non se pode ser mais ruín, nin creo que nunca un profesional da comunicación caiu tan baixo. Sen dúbida este home é un ser despreciable. Agora que da paliza que lle meteo o compañeiro Carlos Callón tardará en recuperarse.
Pinchade aquí abaixo e quedaredes alucinados.
http://www.dailymotion.com/video/xav9r7_carlos-callon-entrevistado-por-carl_news
Compre pedir o seu cesamento facendo a tua adhesión neste enderezo:
http://www.queremosgalego.org/
Grazas


Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »