Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis


A MARCHA DA DIGNIDADE

 Francisco Xabier Alonso Pérez

Onte martes chegaron a Santiago máis de 2000 traballadores do metal da provincia de Pontevedra para reivindicar un convenio xusto. 
Coincidindo con esta marcha, pedíronme da revista de pensamento político “Terra e Tempo” unhas notas sobre a situación do nacionalismo político na década dos 70, acerca da miña participación no inicio do sindicalismo nacionalista SOG (Sindicato Obreiro Galego), xermolo da actual CIG e da miña presenza como negociador do Convenio do Metal nos anos 76 e 77. 
Teño que dicir que recordo como unha experiencia moi importante o meu paso como traballador do sector, e sempre vin como moi positivos valores que aportan á sociedade, por iso non dubidei en sumarme de maneira simbólica nun tramo da marcha. 
Os traballadores do sector do metal coas súas reivindicacións aportan á sociedade, fóra de anécdotas puntuais de minorías, valores que moitos pensaron que morreran co século XX: solidariedade, ética, compañeirismo, demanda de xustiza. Na sociedade actual onde non cotiza á alza o colectivo, están dando leccións de democracia participativa, debaten sobre as propostas a negociar e toman as decisións coa participación aberta. Para a dereita son un exemplo perigoso, non dubidarían en quitarlles o dereito a mobilizarse por uns salarios xustos mentras miran para outro lado cando en Gondomar concelleiros do PP e do PSOE se alían no “partido do Cemento” para facerse coa Alcaldía con prácticas espúreas. 
Grazas ao esforzo de empresarios e traballadores Vigo é o motor industrial de Galiza, o sector do metal ten un gran impacto económico, por iso é normal e bó que os empresarios obteñan beneficios, pero non poden ser os traballadores o que paguen unha crise internacional que non crearon, non pode ser que os beneficios que as empresas deben obter sexa a costa do seu principal capital que é a man de obra. 
Porque se algo non son os traballadores do metal é ser os causantes da crise, nen os que dispoñen contas en paraisos fiscais, nen os que acuden a illas con prostitutas de luxo. 
Os traballadores do sector do metal son os que coas súas máns de mecánicos, soldadores, caldereiros, electricistas, chapistas, etc... construen e reparan os barcos cos que os mariñeiros pescan o peixe que comemos, coas súas máns construen os coches onde viaxamos, coas súas máns instalan a calefacción que nos da calor no inverno, etc. e aínda adican o mellor do seu tempo libre para organizarse, discutir as súas reivindicacións e mobilizarse para esixir o que en xustiza lles pertence. Ou son eles e as súas familias os culpábeis da crise? 
É necesario a solución deste conflito xa. A Xunta de Galiza ten que exercer dunha vez as súas competencias, mediando activamente e facilitando o acordo. 
A Marcha, co paso firme e a cabeza erguida, dos traballadores do metal, polas estradas de Galiza por un convenio xusto, merece ser escoitada polo Goberno de Galiza. 
Solidaridad de LAB con las y los trabajadores del metal de Pontevedra.Desde el sindicato vasco LAB queremos expresar todo nuestro apoyo a las y los trabajadores del metal de Pontevedra que están protagonizando varias jornadas de Huelga en defensa de un convenio digno para el sector. Las movilizaciones realizadas estos días en toda la provincia y, en especial, en la ciudad de Vigo, están siendo históricas.

Non hai Comentarios »


Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>


  • PASATEMPO