Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis


NUNCA A REPRESION PUIDO CO POVO

Los golpistas están desesperados. En el día de hoy promovieron una marcha sin mayor acogida, pese a que los empresarios complotados sacaron a todos sus empleados y empleadas con amenazas de despidos en caso de no asistir. Ante la falta de respaldo popular, se incrementa la represión.

Desde las diversas regiones del país nos han informado que los principales líderes del movimiento popular están siendo perseguidos, obligándoles a escapar o esconderse. En las horas de la tarde, el Congreso Nacional decretó un toque de queda por tres (3) días, mientras la Corte Suprema de Justicia horas antes emitió la orden de captura y apertura de juicios a 25 lideres populares.

Los reportes que hemos recibido indican que en el país hay unas 34 tomas de carreteras, a pesar de la represión. Con el añadido de que el ejercito nacional anda reclutando en forma obligatoria a jóvenes de las comunidades rurales. El servicio militar obligatorio en nuestro país está prohibido por la Ley, debe de ser voluntario.

La represión que los golpistas han desatado también se orienta a silenciar las voces y medios de comunicación alternativos y populares. Acá, la “guerra mediática” ha pasado a las acciones físicas: la Radio Juquicalpa no solo que fue silenciada; sus instalaciones fueron destrozadas por el escuadrón castrense que allanó tal emisora. Se reporta que, igualmente, fueron sacadas del aire la radio comunitaria Progreso y la radio comunitaria indígena La Voz Lenca.

Los movimientos sociales han acordado preparar para una gran marcha para el día jueves 02 de Julio, para recibir al presidente Manuel Zelaya Rosales que debería llegar junto a otros presidentes y principales dignatarios de la ONU y la OEA. La resistencia se mantiene firme y hora que pasa se robustece, confiamos que con la solidaridad internacional tenemos que triunfar.

Vía Campesina/Honduras

¡QUE RAZON TEN!

Actualmente no mundo estase a invertir cinco veces máis en medicamentos para a virilidade masculina i en silicona para mulleres que na cura do Alzheimer. De aquí a unhos anos teremos vellas de tetas grandes e vellos co carallo levantado, pero ningún se acordará para que serven.

Jean-Marie Gustave Le Clézio.

Premio Nobel de Literatura.

FENOSA GRAVA O MEDIO RURAL

   24.jpg

Estado actual da línea de FENOSA na parroquia de Os Vilares de Guitirz pola desidia da compañía eléctrica.

Ler máis »

25 ANOS A LUZ DOS "NIMBOS" DE XOSÉ MARIA DIAZ CASTRO

...eu deixo equí os nimbos, coma cinza
de rosas que onte encheron de perfume
o mundo, morto xove, dalgún sono.

Ainda que Xosé Maria Diaz Castro é da miña tribu eu tiña un descoñecimento total da sua existencia e da sua obra dado que tanto el como a min, e en datas ben diferentes levaron-nos os ventos da emigración que asolan a Nosa Terra. Nin sequer na escola lembro que se falase deste poeta esencial nado na miña parróquia. Estaban enfrascados en ensinarnos unha cultura allea e asoballante que nada tiña que ver co entorno no que vivíamos e coa nosa propia realidade. Foi o Manuel Maria , nunha visita que lle fixera a Monforte, quen me falou del e de "Nimbos", ao saber que tamén eu era dos Vilares. Sentin vergoña pola miña ignoráncia e procurei conseguir o libro escrebendo a Madrid a "Editora Nacional". Logo o ano pasado coincidimos en Guitiriz na leitura do pregón da festa de Pardiñas a cargo do noso "poeta da Terra Chá" organizadas pola Agrupación Cultural "Xermolos". Manuel Maria refireu-se deste xeito o aluno de Aquilino Iglesia Alvariño:"Mais a voz fonda, total, delicada e poderosa desta terra labrega e montesia, é o verso poético de Xosé Maria Diaz Castro dos Vilares, Diaz Castro é un home de Trasparga, fidel a sua paisaxe, a sua xente e a Galiza. Poeta do cotidiano trascendido -é dicer: do esencial-, o seu verso fala de todos nós e dice como somos:

Un paso adiante e outro atrás Galiza,
e a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove
."


O dono desta profunda voz ten un natural discreto e retraido, unha persoa sinxela coa que dá gusto conversar nas tardes de veran paseando amodiño polas ruas de Guitiriz asegurando que escribeu "Nimbos" como se fose un xogo, que non lle dá importáncia, e asi o afirma no seu "Pórtico":


Estes non son poemas, nin cimentos
de poemas siquera. Son fragmentos
de min mesmo perdidos,
coma ventos fuxidos,
por antigos camiños esquencidos:
Díaz Castro perdido no traxeito
dun recordo moi longo, recolleito
por un anxo e salvado
nalgún intre de amor desesperado!

Diaz Castro é un poeta profundamente relixioso dada a sua formación teolóxica no seminario de Mondoñedo, pero esta poesía non deixa de ser social se lle sacamos , como el dí, o contido relixioso. Vexamos senon este alegato contra a tirania do autócrata e non Cristo sentido como Cesar, como di Méndez Ferrin en "De Pondal a Novoneira":

Ave, Cesar, ei!
Ti fas e desfás:
non hay copa nin reino
vedados pra ti,
por quen choran tódalas
estrelas xa
sobre a cinza horrible
do que ardéu sin luz!

Pero mais que nada Diaz Castro Utiliza o paisaxismo humanista ou neovirxilianismo. Camilo Gómez Torres di no seu prólogo a "Versos de Trinta Outonos" de Manuel Maria:"O seu encetador foi Antonio Noriega Varela (Do Ermo, 1920), primeiro poeta do grupo neovirxilianista; a el pertenecen tamén Xosé Crecente Vega (Codeseira, 1933), Aquilino Iglesia Alvariño (Cómaros Verdes, 1947) e Xosé M. Diaz Castro (Nimbos, 1961); nos catro hai unhas fontes semellantes : a poesia clásica latina , especialmente a obra de Virxilio ; os catro pasaron polo seminario de Mondoñedo e os catro teñen as suas raigañas nadales nas terras do norde de Lugo; pero os catro danlle tratamentos diferentes á paisaxe; en Noriega as fontes clásicas conviven cos calcos do saudosismo portugués, fusión que dá lugar a unha poesia deshumanizada, pormenorizada da Galiza montañosa; Crecente déixase engaiolar polas formas e rimos populares alonxándose das fontes e cantando ó home, pedindo por el; Iglesia Alvariño e Diaz Castro volven as estructuras clásicas pero cantan ó home labrego, parte fundamental da paisaxe; en Diaz Castro o canto ó home é denuncia e compromiso."Xa que este ano se cumpre o 25 aniversario da pubricación de "Nimbos"e dada a escasede do libro seria convinte unha nova edición así como unha edición crítica de toda a sua obra en galego, incluindo as pubricadas na revista "Alba", EPG así como a que acadou o premio "Ciudad de Betanzos". Namentras agardamos con impacencia a saida doutro libro que ten pra dar o prelo. 

A Nosa Terra Nº 303

6 de novembro de 1986

FESTIVAL DE PARDIÑAS

cartel-pardinas093.jpg

SABADO 1

MUYAYOS DE RAÏZ HOLANDA/EUSKADI
LA BELLE IMAGE FANFARE FRANCIA
HEDNINGARNA SUECIA
BANDA POTEMKIN GALIZA

 

DOMINGO 2

BLOQUINHO DA SALGUEIRA GALIZA
LÚA DE FOUCE GALIZA
PEPE VAAMONDE GRUPO GALIZA
PAN DE CAPAZO NOMADAS

Coca Cola Zero no estado español utiliza un aditivo prohibido en EE UU

Coca Cola Zero no estado español utiliza un aditivo proibido en EE UU, UK e México.
O ciclamato sódico E-952, é un edulcorante polo que Venezuela acaba de proibir Coca-Cola Zero, está neste refresco no Estado español. O E-952 non está permitido en EE UU desde 1969 polo seu risco canceríxeno.

Aqui aos de Zapatero non lles importa.

Manuel María (VV.AA, 2001)

thumb_manuel_maria.jpg
Pulicado pola Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz.

Pórtico, Francisco Fernández del Riego

Introducción, Camilo Gómez

CAPÍTULO I. UNHA TERRA

O bardo da Terra Chá, Xosé Chao Rego
Terra Chá, Xosé Antonio Pombo Mosquera
A paisaxe habitada, Roxelio R Moreira
Historias da Terra Chá e dos chairegos, Ramón Villares
Unha visión arqueolóxica e histórica do territorio chairego, Felipe Arias Vilas
Economía e poboación no Terra Chá, Manuel Roca Cendán

CAPíTULO II. UN HOME

Manuel María, AIfonso Blanco Torrado
Manuel María en Monforte, Lois Diéguez
A fidelidade no espello, Xosé Estévez
Un home feito de terra, P. Corsino Fernández Vila
Meu amigo, Posada
Terras chás do Val de Lemos, Mauel Rajo López
O camiño e a nostaixia nas súas viaxes, Felipe Senén
A miiña vella amizade con Manuel María e tamén con Saleta, Nw Vázquez Cuesta
Manuel María da Terra Chá, Xulio Xiz

CAPíTULO III. UNHA OBRA

Parte I. Poesía

O mundo clásico na súa poesía, Xosé Abeal
Poeta neomedieval, Xesús Alonso Montero
O poema como sensibilidade ao axexo, Carlos L. Bernárdez
"Arquivo nostáixico de soños". Manuel María e o Pozo do Olio, Xoán Ramiro Cuba
A arquitectura na poesía de Manuel María, Xosé Lois García
A megafonia do idioma que o país necesit(ab)a, Maria Pilar Garcia Negro
Canción pra cantar tóciolos días de Manuel María, Camilo Gómez Torres
Da poesía amorosa manuelmariana (1949 1995), Camilo Gómez Torres
Poesía social, Poesía de denuncia Poesía socialrealista, Camilo Gómez Torres
Usos, actitudes e prexuízos lingüísticos na súa poesía, Camilo Gómez Torres
Achegamento á sua poesía desde unha ollada ecologista, Emilio Xosé Insua
Aproximación á sua obra poética, Manuel López Foxo
Poeta relixioso cristián, Victorino Pérez Prieto
Poeta a "ras de chao", Francisco Rodríguez Sánchez
Muffleiro de brétemas, crisol dun precursor, Xavier Rodríguez Baixeras
Poeta da cultura material, Claudio Rodríguez Fer
Das veas rumorosas, Teresa Seara
A fidelidade ao traballo poético, Xulio López Valcárcel

Parte II. Teatro

A súa obra dramática: carácter e diversidade temática, Miguel Mato Fondo
Representación en Carral, Carlos Lorenzo Pérez

Parte III. Literatura Para Nenos

A súa poesía infantil, Agustín Fernández Paz
A literatura infantil e xuvenil, Xabier P. Docampo
Xiogando cos soños na gaiola, Tareixa Campo
Os soños do Manuel, Xosé Agrelo Hermo

Parte IV. Ensaio

Ensaísta, xornalista e divulgador cultural, Camilo Gómez Torres
Andando a Terra Chá. A propósito dun apólogo popular..., Antonio Reigosa

Parte V. Narrativa

A narrativa, Armando Requeixo
Que é a realidade?, Luisa Villalta

Parte VI. Poesía Musicada

Ó Mestre do amor á terra, Mero
O Manuel María e a música, Mini
Manuel María: voz ceibe, Vicente Araguas
Unha canción de Manuel María, Aurora López
O máis grande agasallo, Luis F.Guitián

Parte VII. Outros

Manuel María, Galiza, Breizh hag ar bed, Herve Ar Bihan
Unha entrevista e sete testemuños máis, Tonina Gay
A galeguidade portuguesa, Francisco J. Veloz
Galiza 1 Breizh, Per Denez
Un libro para Foz, Ramón Reimunde
O poeta da Terra Chá en Euskal Herria, Raul Río Díaz
Semblanza betanceira de Manuel María: obras e amores, Xesús Torres Regueiro
Día das letras chairegas, Xabier Cordal

CAPíTULO IV. TESTEMUÑOS

Soneto a Manuel María, Alfonso Álvarez Cáccamo
Labarada estremecida, Xosé María Álvarez Cáccamo
Cerrando os ollos, Manuel Álvarez Torneiro
Manuel María, Xoán Bernárdez Vilar
Follas novas do diario, Carmen Blanco
Salmo a Fernando Balboa e M.M., Lino Braxe
A Manuel María, Darío Xohán Cabana
Eres o carballo rexo, Eloi Caldeiro
Brinde, Marica Campo
A un carballo que plantamos hoxe, Marica Campo
A Manuel María, pai e irmán, Xosé Carlos Caneiro
Recordo de Manuel, Carlos Casares
Non canta que sementa, Yolanda Castaño
Memoria do Verso, Ernma Cruceiro
Luz de solpor na Terra Chá, Miguel Anxo Fernán Vello
Manuel María e o mar de Foz, Suso Fernández
¡Ave, Manolo!, Xosé Fernández Ferreiro
Veciño de barrio e de soños, Francisco X. Fernández Naval
Manuel María, entre nós, Ramiro Fonte
Éfeso, Manuel Forcadela
Lembranzas de Manuel María, X.L. Franco Grande
¿Ata cando?, Camilo Gómez Torres
Evocación dos primeiros versos, Salvador García Bodaño
A Manuel María e Saleta neste día, Bernardino Graña
Meu recordo de ti, Manuel María, María do Carme Kruckenberg
0 xigante dormido, Bernardo García Cendán
Patrimonio de Galicia, M. A. Laxe Freire
A maleta de Marsella, Margarita Ledo Andión
Xa veu o tempo de mazar o liño, Rafael Lema
En dous tempos, Ramón Lorenzo
Muxica para M.M. e para Saleta, Paco Martín
Dolmen, Xosé Manuel Martínez Oca
Cómpre loitar contra o silencio, Carlos Mella
Brinde a Manuel María, X.L. Méndez Ferrín
Este poeta, doce, de voz grave, Xosé Miranda
Nas pradelas de Outeiro, Manuel Xosé Neira
Camiño largacío, Xoán Neira
Manuel María en América, Xosé Neira Vilas
Breve dicir meu verbo de M.M., Isidro Novo
Con Manuel María, Uxio Novoneyra
Nas letras nobres do noso andar, David Otero
Para Manuel María, Pallarés
Manuel María da miña nenez, Andrés Pociña
Kosovo Kosovo, Luz Pozo Garza
As flores derramadas, Luz Pozo Garza
Chupito de primperán, María Xosé Queizán
Estaba todo alí, serenamente..., Xesús Rábade Paredes
Louvor, Román Raña
Oda e coro a Manuel María, Xavier Rodríguez Barrio
Silvia Venérea, Claudio Rodríguez Fer
Un soño de esferas, Ana Romaní
Folerpa quente, Cesáreo Sánchez
Ti sabes..., Antón Santamarina Delgado
A Manuel María, Xavier Seoane
Manuel María, igaiteiro!, Xurxo Souto e Sofía do Labañou
O poeta da lingua do meu povo, Miguel Suárez Abel
Breogán ano cero, Xesús Manuel Valcárcel
Aquíl tempo lontano, Pura Vázquez
Metáfora do "muiñeiro...", Xosé Vázquez Pintor
(Lugar da pertenza), Paulino Vázquez
Metapoesía (1), Miro Villar
Para o Manuel María, tripulante..., Rafa Villar
Manuel María, Helena Villar Janeiro

http://www.xermolos.org/index.php

Galegos en Bizkaia

libro.jpg
Gabriel Aresti / Manuel María

Introduc. comentarios: Xurxo Martínez / Raúl Río


Editorial FESGA, 2007
Descripción Rústica con lapelas, 86 páxs., 14,5 x 21
ISBN / ref 84-611-9909-X
Sinopse
“Galegos en Bizkaia / Galizaiarrak Bizkaian”, en edición bilingüe en galego e éuscaro, contén unha recompilación de cartas entre dous grandes amigos e poetas como Manuel María e Gabriel Aresti, e recolle tamén poemas inéditos dirixidos ás e os traballadores galegos e vascos. Xurxo Martínez Crespo explica que, nesta obra, ambos autores abordan “unha preocupación compartida, como eran as malas relacións entre a poboación inmigrada galega e a poboación vasca en Bizkaia na década dos 60”.

O libro é “unha xoia literaria tanto polo seu contido inédito como polo nivel dos seus autores, Manuel María e Gabriel Aresti, que asumen o compromiso de axudar ao reencontro e comprensión mutua das e dos traballadores galegos e vascos”.

A correspondencia entre Manuel María e Gabriel Aresti, en galego e éuscaro

18-1-2008_galegos_bizkaia_compostela_01_8001.jpgO libro recolle tamén os poemas inéditos dirixidos aos traballadores galego e vascos nos anos sesenta.

Redacción - 10:30 15/12/2007
Tags: éuscaro Gabriel Aresti galego Manuel María

O 9 de decembro presentouse na tradicional Feira do libro e disco vasco de Durango (Biscaia) o libro Galegos en Biscaia-Galiziarrak Bizkaian, de Gabriel Aresti e Manuel María, que conta coa introdución e comentarios de Xurxo Martínez Crespo e Raúl Río Díaz. O libro foi editado polas fundacións FESGA (Fundación para ou estudo e a divulgación dá cuestión social e sindical en Galiza) e IPAR HEGOA.

O libros contén unha recompilación de cartas entre os dous grandes amigos e poetas, e recolle tamén poemas inéditos dirixidos aos traballadores galegos e vascos. Nesta obra ambos os autores abordan unha preocupación compartida, como era as malas relacións entre a poboación inmigrada galega e a poboación vasca en Biscaia na decada dos 60.

A presentación do libro realizouse nun acto sinxelo, que contou coa participación da familia de Gabriel Aresti. Xurxo Martínez Crespo salientou o labor de difusión da cultura galega levada a cabo polo poeta vasco, que entre outras cousas foi responsábel da primeira tradución ao español do Catecismo do labrego. Asismesmo Aresti traduciu ao éuscaro os poemas galegos de Federico García Lorca, o Nós de Castelao, así coma a obra de Valentín Paz-Andrade, e colaborou con Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane.

Galiziarrak Bizkaian

Xurxo Martínez Crespo, Raúl Río Díaz
Argitaratzailea: Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza - Fesga eta Ipar Hegoa Fundazioa
Orrialde kopurua: 88
ISBN: 13:978-84-611-9909-9

Ezaugarriak: Liburua euskaraz eta galegoz idatzita dago eta Gabriel Aresti eta Manuel María poeta eta lagunen arteko gutunen bilduma da. Horien artean euskal beharginei eta langile galegoei zuzendutako inoiz argitaratu gabeko poemak daude. Lan honetan, idazle biek adierazten dute kezka berdina: 60ko hamarkadan etorkin galegoen eta Bizkaiko herritarren arteko ezinikusia.

Liburua harri bitxia da, batetik, inoiz irakurri gabeko testuak agertzen direlako eta bestetik, idazleen maila altuagatik. Manuel maría eta Gabriel Arestik euskal langile eta langile galegoek elkar ulertzeko eta biltzeko konpromisoa hartu dute gutun hauetan.

Gabriel Arestik gaztelaniaz sortutako hiru soneto ederrak, Manuel Maríak berak itzuli zituen galegora eta Manuel Maríak galegoz idatzitako hiru kantigak, ostera, Edorta Jiménez euskal idazleak egindako itzulpenari esker irakur ditzakegu euskaraz.


  • PASATEMPO