Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis


Categoría: Escritos en Galego

Estupor na rede pola entrevista a Carlos Callón na TVG

empece 22/10/2009 @ 10:29

 Acabo de ver a estarrecedora entrevista perpetrada o pasado luns por Carlos Luís Rodríguez contra Carlos Callón. Sentín vergoña; vergoña polo preguntador, claro está. O que fixo Carlos Luis Rodríguez é a negación do xornalismo, un atentado contra os principios elementais que deberan guiar unha televisión pública. Non lle nego a Carlos o seu dereito a exercer a profesión xornalística como mellor lle pete, nin lle nego o dereito (e mesmo a utilidade) de amosar contra Callón (dixen ben: "contra", non "con") un estilo duro e agresivo en lugar da xenerosa brandura que a outros lle dedica este homiño que sabe ben a quen lle reparte a pólvora e a quen as magnolias; o que me parece indignante é a súa pésima educación, o seu empeño ao longo de dez minutos de conversa por non deixar falar ao seu interlocutor, por dispararlle frases estúpidas sen outorgarlle o máis elemental dereito de réplica. Nun medio público debe haber espazo para todas as opinións que cumplan uns requisitos elementais; mais ceder espazo é moito máis que poñerlles unhas cadeiras aos convidados e darlles unha garrafiña de auga para que non pasen sede. É preciso permitir que se expresen con liberdade, que teñan un tempo razoábel para expresaren as súas ideas cunha mínima argumentación. Que haxa comunicación, en suma: que un fale e o outro escoite a súa mensaxe, e logo que discutan o que for preciso. O luns Carlos Luís Rodríguez substituiu o partido de tenis dialéctico polo tiro con arco: o único que importaba era o ruído das frechas. Gañou Carlos Callón, que exerceu con abraiante serenidade de diana. Agardo que o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia tamén se pronuncie, e con razón, sobre este tema: o honor da profesión queda máis lixado polo mal comportamento dun dos membros da tribo que polos berros dun manifestante airado.

Até aquí recollido de Vieiros.

Increible, pero certo. Non se pode ser mais ruín, nin creo que nunca un profesional da comunicación caiu tan baixo. Sen dúbida este home é un ser despreciable. Agora que da paliza que lle meteo o compañeiro Carlos Callón tardará en recuperarse.

Pinchade aquí abaixo e quedaredes alucinados.

http://www.dailymotion.com/video/xav9r7_carlos-callon-entrevistado-por-carl_news

Compre pedir o seu cesamento facendo a tua adhesión neste enderezo:

http://www.queremosgalego.org/

Grazas

Estan Como Cabras

empece 12/10/2009 @ 15:33

Cabradas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dende logo que si estes "cabreiros" cabreados nos teñen que defender, eu creo que é moito millor que non nos defendan e que nos deixen a mercede dos marroquies que pastaban pacificamente as súas na illa de Perexil. A fotografía dío todo, pero a que me dá pena é a cabra.

Eles dan ganas de gomitar a calquera que teña sentido común.

FIESTA 

La escena parecía sacada de algún libro viejo de Historia. Un rey, la guardia mora, los regulares de Ceuta y Melilla, veteranos de alguna guerra en Haití, la legión de Millán Astray, unidades a caballo con casco, coraza y lanza... Solo una batería de misiles Sam-Patriot nos devolvía a la actualidad. 

La fecha también evocaba el pasado. “Día de la Hispanidad”. Quieren disimular con las palabras lo que antes llamaban “el Descubrimiento de América” y que en América llaman, con más mala leche que ironía, “el Encontronazo”. Celebran, pues, algo tan estúpido como el descubrimiento de algo que ya estaba allí , algo que ni siquiera estaba escondido y que empezó a corromperse al día siguiente de que Colón pisara tierra. Festejan, tal vez, el expolio de un continente, el genocidio de sus habitantes. Se trajeron el oro y les llevaron la sífilis; les oprimieron con arcabuces, impusieron la cruz a mandobles y saquearon sus riquezas naturales. Y, además, sin provecho: sus reyes lo gastaron todo en putas, vino y guerras que, generalmente, perdían.

Y a pesar de todo siguen encontrándole sentido a una celebración tan patética. 

También celebran el día ofrecido a la Virgen del Pilar, una suerte de diosa guerrera a la que veneran porque “no quiere ser francesa, sino capitana de la tropa aragonesa”. Que ya es querer... 

Y hacen desfilar a sus guerreros más bregados, sacan sus tanques de alquiler, sus aviones de combate, sus misiles comprados a onerosos plazos para que Bono se entretenga un rato y tranquilice a la opinión pública mostrándoles sus divisiones, “garantía de la Constitución”.

Y llegados a este punto de la parodia militaruna, cabe preguntarse qué tipo de Constitución tienen los españoles que deben protegerla con carros de combate, misiles, legionarios de pecho de lata, ridículos regulares con uniformes estrafalarios. Y agreguen otra pregunta, ¿de qué o de quienes pretenden proteger la Constitución? ¿Qué enemigo exterior la amenaza? ¿Será que la deben proteger de sus propios ciudadanos?

Las ensoñaciones guerreras del nacionalismo español, ignorante de su penosa Historia, solo llevan a pensar que los soldados de Bono son la garantía de que la Constitución se imponga a punta de fusil. Para defenderla con argumentos bastarían los políticos. Nos han tocado estos vecinos. ¡Qué le vamos hacer!

 Martín Garitano en GARA (13-10-2005) 

 

DEMOCRATAS DE TODA A VIDA (E DO DEUS ARES)

empece 07/10/2009 @ 22:18

¡Vede..., vede!

dibujo.JPG

http://www.youtube.com/watch?v=qyFDYdWI9sg

¡ALGO ERA ELO!

empece 29/09/2009 @ 12:49

tasio5807.jpg

CARTA DESDE HONDURAS

empece 28/09/2009 @ 19:24

Mensaxe que me chegou hoxe pola mañá e que é espello do que pasa en Honduras

Teresa, Alberto y compañeras:  Nos acaban de avisar que van a realizar un corte de energía por 48 horas a partir de las siete de la noche en el territorio nacional, así que no podremos salir a comprar comida, ni nada, van a sitiarnos. Desde San Pedro Sula reportan que los militares se han metido a las casas a sacar a la gente que venía de la manifestación, mi hermana que es dirigente magisterial está golpeada, pero pudo llegar a su casa. El ejército está en los barrios y en las colonias entrando a las casas, así que estamos esperando y listas. En San Pedro Sula están deteniendo a la gente y encerrandola en el Estadio Olímpico, aquí en Tegucigalpa en el Estadio Chochi Sosa (al más puro estilo Pinochet). El ejército está entrando en los hospitales, sacando la gente.   Necesitamos estar conectadas, por favor difundan esta noticia, difundan que estamos en peligro de ser detenidas, lo de la entrada de los militares a los hospitales, la detención de la gente y de las mujeres.  Un abrazo, desde el amor, el temor y la resistencia.

 

Jessica

Para aderirse contra o golpe pinchar aquí:

http://www.todosconhonduras.org/

25 ANOS A LUZ DOS "NIMBOS" DE XOSÉ MARIA DIAZ CASTRO

empece 28/06/2009 @ 16:43

...eu deixo equí os nimbos, coma cinza
de rosas que onte encheron de perfume
o mundo, morto xove, dalgún sono.

Ainda que Xosé Maria Diaz Castro é da miña tribu eu tiña un descoñecimento total da sua existencia e da sua obra dado que tanto el como a min, e en datas ben diferentes levaron-nos os ventos da emigración que asolan a Nosa Terra. Nin sequer na escola lembro que se falase deste poeta esencial nado na miña parróquia. Estaban enfrascados en ensinarnos unha cultura allea e asoballante que nada tiña que ver co entorno no que vivíamos e coa nosa propia realidade. Foi o Manuel Maria , nunha visita que lle fixera a Monforte, quen me falou del e de "Nimbos", ao saber que tamén eu era dos Vilares. Sentin vergoña pola miña ignoráncia e procurei conseguir o libro escrebendo a Madrid a "Editora Nacional". Logo o ano pasado coincidimos en Guitiriz na leitura do pregón da festa de Pardiñas a cargo do noso "poeta da Terra Chá" organizadas pola Agrupación Cultural "Xermolos". Manuel Maria refireu-se deste xeito o aluno de Aquilino Iglesia Alvariño:"Mais a voz fonda, total, delicada e poderosa desta terra labrega e montesia, é o verso poético de Xosé Maria Diaz Castro dos Vilares, Diaz Castro é un home de Trasparga, fidel a sua paisaxe, a sua xente e a Galiza. Poeta do cotidiano trascendido -é dicer: do esencial-, o seu verso fala de todos nós e dice como somos:

Un paso adiante e outro atrás Galiza,
e a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove
."


O dono desta profunda voz ten un natural discreto e retraido, unha persoa sinxela coa que dá gusto conversar nas tardes de veran paseando amodiño polas ruas de Guitiriz asegurando que escribeu "Nimbos" como se fose un xogo, que non lle dá importáncia, e asi o afirma no seu "Pórtico":


Estes non son poemas, nin cimentos
de poemas siquera. Son fragmentos
de min mesmo perdidos,
coma ventos fuxidos,
por antigos camiños esquencidos:
Díaz Castro perdido no traxeito
dun recordo moi longo, recolleito
por un anxo e salvado
nalgún intre de amor desesperado!

Diaz Castro é un poeta profundamente relixioso dada a sua formación teolóxica no seminario de Mondoñedo, pero esta poesía non deixa de ser social se lle sacamos , como el dí, o contido relixioso. Vexamos senon este alegato contra a tirania do autócrata e non Cristo sentido como Cesar, como di Méndez Ferrin en "De Pondal a Novoneira":

Ave, Cesar, ei!
Ti fas e desfás:
non hay copa nin reino
vedados pra ti,
por quen choran tódalas
estrelas xa
sobre a cinza horrible
do que ardéu sin luz!

Pero mais que nada Diaz Castro Utiliza o paisaxismo humanista ou neovirxilianismo. Camilo Gómez Torres di no seu prólogo a "Versos de Trinta Outonos" de Manuel Maria:"O seu encetador foi Antonio Noriega Varela (Do Ermo, 1920), primeiro poeta do grupo neovirxilianista; a el pertenecen tamén Xosé Crecente Vega (Codeseira, 1933), Aquilino Iglesia Alvariño (Cómaros Verdes, 1947) e Xosé M. Diaz Castro (Nimbos, 1961); nos catro hai unhas fontes semellantes : a poesia clásica latina , especialmente a obra de Virxilio ; os catro pasaron polo seminario de Mondoñedo e os catro teñen as suas raigañas nadales nas terras do norde de Lugo; pero os catro danlle tratamentos diferentes á paisaxe; en Noriega as fontes clásicas conviven cos calcos do saudosismo portugués, fusión que dá lugar a unha poesia deshumanizada, pormenorizada da Galiza montañosa; Crecente déixase engaiolar polas formas e rimos populares alonxándose das fontes e cantando ó home, pedindo por el; Iglesia Alvariño e Diaz Castro volven as estructuras clásicas pero cantan ó home labrego, parte fundamental da paisaxe; en Diaz Castro o canto ó home é denuncia e compromiso."Xa que este ano se cumpre o 25 aniversario da pubricación de "Nimbos"e dada a escasede do libro seria convinte unha nova edición así como unha edición crítica de toda a sua obra en galego, incluindo as pubricadas na revista "Alba", EPG así como a que acadou o premio "Ciudad de Betanzos". Namentras agardamos con impacencia a saida doutro libro que ten pra dar o prelo. 

A Nosa Terra Nº 303

6 de novembro de 1986


  • PASATEMPO