PRESENTACIÓN DO LIBRO CANTIGAS PARA CATRO MORTES
O día 13 de novembro levóuse a cabo en Bilbao, na Sá de Actos de Euskaltzaindia, a presentación do libro Cantigas para catro mortes do poeta e dibuxante galego exilado serodio en Venezuela, Xosé Sesto, que conta con traduccions ao español, euskera e catalán: (Poemas para cuatro muertes) a cárrego do ex ministro de Cultura da Venezuela bolivariana e fillo do autor, Farruco Sesto Novás; ao euskera (Lau heriotzentzat kantak) traducido polo que foi presidente de Euskaltzaindía, Juan San Martín e ao catalán (Cançons per a quatre morts) traducido por E. Losada.
Os catro poemas están adicados as mortes de Alexandre Bóveda, íntimo amigo do poeta, a Lluis Compayns, a Federico García Lorca e a masacrada vila de Gernika.
O libro, editado pola CIG está ilustrado por un curioso e artístico abecedario dibuxado polo propio autor. Conta, además, con unha introducción a carrego do historiador Felipe Senén López e con unha biografía de Xosé Sesto e notas elaborada polo investigador Xurxo Martínez Crespo que tamén están traducidos a ditos idiomas.
Na presentación interviron Felipe Senén, que falóu da personalidade de Xosé Sesto, ao que comparóu con Telesforo Monzón polo seu gran amor a patria, a sua fidalguía e as suas ideas relixiosas, dese cristianismo de liberación que tamén profesa o nicaragüano Ernesto Cardenal; Xurxo Martínez, que recordóu as cuatro fábulas de Meabe e o escritor e poeta vasco Edorta Jiménez que traduxo ao euskera a Introducción, a Biografía e as Notas, e que líu unhos poemas do libro en euskera.
O acto foi organizado pola Asociación Cultural ROSALIA CASTRO de Barakaldo en colaboración con Euskaltzaindia.


Chúzao
del.icio.us